26 dic 2017

OS MEGATOXOS NOS ESPERAN

A nosa nova lectura, que comezaremos este Nadal, é Os Megatoxos e o aprendiz de druida, de Anxo Farina (editorial Xerais).


Esta aventura, protagonizada por catro chicos que van ao mesmo instituto, nos levará á época na que os Celtas poboaron a nosa terra; unha época de apócemas, druídas, forzas máxicas...

Este título é o primeiro dunha saga que, ata agora, conta con seis episodios, o último recén saído do forno!

Se queredes, podedes consultar todo sobre eles e as súas aventuras pinchando na imaxe, pois Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa teñen o seu propio blogue! Mesmo podedes deixar alí os vosos comentarios sobre a lectura!

Tamén vos deixamos aquí información sobre o autor e ilustrador destes libros, Anxo Fariña, pinchando aquí! Ten moitos traballos interesantes na Literatura Infantil e Xuvenil.

1 comentario:

  1. Ainda empecei onte o libro, vou pola páxina 38 e estame a gustar moito.

    03/01/2018
    Xiana Vilariño García 5º

    ResponderEliminar