28 abr 2016

UN PEQUENO RESUMO

Estes foron os cinco libros que limos este curso.


  

Mil cousas poden pasar. Libro I. JACOBO FERNÁNDEZ.

O carteiro de Bagdad. MARCOS S. CALVEIRO.

Bala Perdida. MANUEL RIVAS.

La Máquina Pensante. JAQUES FUTRELLE.

Matapitos.com. GLORIA SÁNCHEZ.



Aquí vos deixamos algúns momentos compartidos, sempre agradables e moitas veces inolvidables.

Gracias chicos por ser así como sodes: XENIAIS!








20 abr 2016

MATAPITOS.COM

O segundo grupo deste Club tivo moito que dicir deste conto.
Foi a nosa última reunión e todos tiñan ganas de falar de Matapitos.com, de Gloria Sánchez.

Compartimos risas lembrando algunhas pasaxes do libro (como aquela onde os nenos se perden no bosque e, como xa lles pasara a Hansel e Gretel, atoparon unha casa de chocolate para refuxiarse...), comentamos todos aqueles contos que nos viñeron á mente lendo a historia, aprendemos algo máis sobre os caligramas, opinamos sobre cada unha das personaxes...


E ao rematar, coma sempre, merendamos xuntos. Esta penúltima merenda serviunos para facer unha valoración sobre o Club deste curso. En xeral foi moi positiva. Gustaríanos destacar a avaliación dun neno, que dixo:

"Eu non leo moito pero o club de lectura gústame porque eu non sei elixir as lecturas e como as que me dan están sempre ben...".



Estamos seguros de que esta é unha actividade importante para fomentar o gusto pola lectura e, despois de tres anos levándoa a cabo, sabemos que eles gustan de compartir imspresións e opinións ao redor dos libros como quen gusta de ir ao cine acompañado.

Verémonos o curso que ven, chicos!