18 dic 2015

AMIGOS LECTORES E INVISIBLES

Como cada ano ao chegar estas festas, os membros do Club de lectura compartimos ilusión realizando o amigo invisible entre nosotros.

As premisas son dúas: facer un mesmo o regalo (pois sempre é máis bonito agasallar con cariño que con cartos) e non dicir a quen regalamos.

A verdade que este día é moi especial. Mirade que agasallos tan bonitos!












16 dic 2015

NESTE CLUB... MIL COUSAS PODEN PASAR!

O segundo grupo do Club xa leu este título de Jacobo Fernández e, como ben comentaron durante a reunión, pasárono en grande cos personaxes desta historia tan divertida.

Gustaron especialmente o porco que vai á escola, o cemiterio cheo de vida e cor, as notas musicais que enfermaban á xente do pobo, o río viaxeiro... 

Non sabedes de que falamos? Pois tedes á vosa disposición o libro na Biblioteca... e tamén a segunda parte!

Encantadas coa primeira lectura

Moito que contar...

Xa queren ler a segunda parte!
A merenda correu a cargo dalgúns dos membros... mirade que boa pinta! Puxémonos as botas!



Agora xa teñen a seguinte lectura entre as máns e estamos seguras de que van gozar dela durante as vacacións de Nadal.

11 dic 2015

APRENDENDO DO CARTEIRO

Hoxe, a sesión do Club de Lectura foi moi especial.
Tiñamos a lectura O carteiro de Bagdad, de Marcos S. Calveiro, para comentar.
Falamos da guerra, da esperanza, da amizade, do medo, da familia... Aldulwahid, o protagonista do libro, escribiunos a cada un de nós unha carta para pedirnos que reflexionásemos sobre varios aspectos do libro, e así o fixemos.
Ademais, situamos nun mapa de Europa Bagdad; nun plano de Bagdad o barrio de Karrada; vimos fotos da guerra e das manifestacións contra ela...




Aquí vos deixamos algunhas fotos da xuntanza.
Gracias aos membros pola merenda (que estaba deliciosa) e por ser marabillosos.