24 ene 2018

UN NOVO LOGO PARA OS COMPARTELECTURAS

Despois da lectura de Os Megatoxos e o prendiz de Druída, propuxemos aos membros do noso selecto clube que deseñaran un logo para identigficarnos (do mesmo xeito de Lúa, Faísca, Ruxe e Ninfa tiñan o seu).

Houbo moitas e moi boas propostas, pero só unha podía ser a elixida e, por maioría, foi esta.

O logotipo gañador é un deseño de Laura Santos, de 6º

Co logo gañador fixemos chapas para todos. Dende aquí queremos agradecer a colaboración do CEIP Humberto Juanes, que nos emprestou a máquina para montalas.

Ademáis, cada membro fixo outra chapa personalizada, cun deseño orixinal elaborado por eles mesmos.

Pero que ben o pasamos nestes ratiños xuntos!


22 ene 2018

ALGÚNS DATOS HISTÓRICOS PARA COMPRENDER MELLOR A LECTURA

A lectura que nos ocupa este mes está ambientada na época en que sucede a II Guerra Mundial.

Nela fálase de Hitler e de como foi invadindo países europeos durante este conflicto.

Aquí deixamos algunha información que pode servir de axuda para comprender mellor o que sucedeu en Europa entre os anos 1939 e 1945 e o que foi a persecución dos xudeus e o holocausto Nazi.

Premendo nesta imaxe podedes ver un vídeo que explica como e por que comezou a II Guerra Mundial.


Premendo nesta outra imaxe, atoaredes información sobre o que sucedeu durante este conflicto, tamén nun vídeo.


Xa iremos poñendo máis información, para que comprendades mellor esta bonita pero triste historia...

17 ene 2018

OS MEGATOXOS LEVARON BOA NOTA!

Aínda que, de primeiras, os comentarios polos corredores do cole non eran moi positivos no que respecta a esta lectura; despois da reflexión conxunta de hoxe Os Megaoxos e o aprendiz de Druída (Anxo Fariña), conveceron aos nosos membros e obtiveron un notable alto.


A sesión desta mañá deunos para falar do "non final" deste libro, que nos deixa coa intriga de saber se recuperan o toxo; para identificarnos con algún dos personaxes, polo seu carácter; para poñer en común o modo de vida dos Celtas (aquí en Galicia); para sospeitar dese tal M.P. e da profesora Larafuzas...

Algúns dos membros confesaron que a novela fantástica non é o tipo de lectura que máis lles gusta, pero que ao final o libro conseguiu engancharlles. Sempre hai que darlles unha oportunidade!

Logo da amena charla, repartimos o título que nos manterá entretidos durante o seguinte mes Cuando Hitler robó en conejo rosa, de Judith Kerr. A por el, lectores!

Moi contentos co novo título!

15 ene 2018

IMITANDO PINTURAS RUPESTRES

Neste clube de lectura encántanos facer actividades relacionadas cos títulos que lemos. Adiviñades o que estivemos a facer hoxe?


Como xa sabedes, hai pouco limos Una mano en la piedra, de Ana Alonso; un libro co que decubrimos a aventura que Clara e Laia viven durante o Paleolítico. 

O título da obra, elemento clave na historia, deunos a idea para propoñer aos nosos membros un obradoiro de pintura rupestre co que poñer o broche de ouro a esta lectura.



Hoxe reunímonos na biblioteca do cole para levalo a cabo. Un pouco de café molido, un chisco de pimentón, carbón vexetal, papel envellecido (no forno), auga, cola branca, témpera vermella e... moitas ganas de meternos na pel dos antigos poboadores das cavernas!



Deixamos voar a nosa imaxinación e pintamos escenas típicas das covas paleolíticas e neolíticas: bisontes, cervos, cazadores, danzas e, como non podía ser douro xeito, mans.

Aquí vos deixamos un vídeo coas fotos. 

Pasámolo en grande!