15 ene 2018

IMITANDO PINTURAS RUPESTRES

Neste clube de lectura encántanos facer actividades relacionadas cos títulos que lemos. Adiviñades o que estivemos a facer hoxe?


Como xa sabedes, hai pouco limos Una mano en la piedra, de Ana Alonso; un libro co que decubrimos a aventura que Clara e Laia viven durante o Paleolítico. 

O título da obra, elemento clave na historia, deunos a idea para propoñer aos nosos membros un obradoiro de pintura rupestre co que poñer o broche de ouro a esta lectura.



Hoxe reunímonos na biblioteca do cole para levalo a cabo. Un pouco de café molido, un chisco de pimentón, carbón vexetal, papel envellecido (no forno), auga, cola branca, témpera vermella e... moitas ganas de meternos na pel dos antigos poboadores das cavernas!



Deixamos voar a nosa imaxinación e pintamos escenas típicas das covas paleolíticas e neolíticas: bisontes, cervos, cazadores, danzas e, como non podía ser douro xeito, mans.

Aquí vos deixamos un vídeo coas fotos. 

Pasámolo en grande!

No hay comentarios:

Publicar un comentario