5 nov. 2018

O PRIMEIRO

A primeira proposta lectora para este curso...




Atoparemos Vigo por algures?

DESCUBRINDO VIGO NOS LIBROS

O 25 de outubro comezamos unha nova andaina no noso club de lectura, Os Compartelecturas.
Librincios achegounos unhas cartas para darnos a benvida e dentro dela viñan unhas pezas que tiñamos que presentarlas o día da nosa cita...levounos un bo rato xuntalas todas...



...pero ao final conseguímolo!


Entre todos conseguimos formar un plano da cidade de Vigo.

Este ano imos a DESCUBRIR VIGO NOS LIBROS!


27 abr. 2018

UNHA ÚLTIMA SESIÓN COMPARTINDO LECTURAS

Hoxe celebramos a última sesión do Clube relacionada cunha das lecturas deste curso. Canta pena nos dá sempre que esta actividade remate!

Puxemos sobre a mesa A praia da esperanza, de Agustín Fernández Paz (en Xerais). 

Esta lectura foi un empréstito da biblioteca escolar Bibliorobiño, do CEIP Humberto Juanes. Gustaríanos agradecer este tipo de colaboracións entre bibliotecas, sen as caes non sería posible poñer en marcha o Club de Lectura.


O contido do libro, en xeral, gustou moito a todos, pois nos fala dunha castástrofe que sucedeu hai non moito tempo nas costas galegas. O afundimento do Prestige tocou o corazón de todos os nosos pequenos lectores, que pronto relacionaron esa traxedia coa vivida hai pouco nos seus fogares a causa dos incendios.


Foi unha sesión moi interesante, pois os membros (cada vez máis críticos no aspecto literario) comentaron que agardaban algo máis deste autor, en base a outros títulos del que leran. O texto resultoulles damasiado curto, faltáronlles puntos de vista (aquel do que ocurría no barco) e botaron en falta máis acción.


Porén, pareceulles interesante o modo en que o gran Agustín Fernández Paz introduciu a historia, creando un personaxe fantástico que a todos namorou.

Alongamos a charla durante a merenda e aproveitamos para falar de todos os títulos lidos e establecer o noso ranking persoal; para poñer palabras ao que significa para nós o Clube de lectura; para agradecer os momentos compartidos; para facer propostas para vindeiros cursos... Mesmo plantamos a semente para que se reivindique un Club de lectura no instituto!

Aquí vos deixamos os cometarios que xurden logo de realizar esta actividade... Só podemos estar agradecidos e emocionados. Para nós tamén foi todo un pracer!

















GRACIAS!

13 mar. 2018

RECOSNTRUÍNDO A II GUERRA MUNDIAL

Despois de ler Cuando Hitler robó el conejo rosa, de Judith Kerr, decidimos que era un bo momento para traballar arredor da II Guerra Mundial. 

Plantexamos unha actividade na que os membros do clube tiñan que organizar a liña do tempo cos principais acontecementos desta contenda para logo reconstruilos sobre un mapamundi.


Comezaron ordenando cronolóxicamente as tarxetiñas e, cando tiñan clara a secuencia dos acontecementos, pintaron de distntas cores países aliados e países do eixe e sinalaron con frechas como Alemaña foi invadindo aos seus veciños ata implicar a gran parte do mundo na guerra. 




Este foi o resultado final... Gracias pola vosa participación!


28 feb. 2018


Hoxe reunímonos para falar da lectura que nos tivo entretidos este último mes: Cuando Hitler robó el conejo rosa, de Judith Kerr (Alfaguara).

Foi un libro que gustou moito, a pesar de que a situación que narra é dura. 

Ao longo da sesión compartimos as nosas opinións sobre o carácter e os sentimentos dos distintos personaxes; as etapas da viaxe da familia de Anna e os motivos que impulsaban o cambio de domicilio; os raros costumes amorosos en Zúrich; os momentos de tensión cando un personaxe enferma ou deixa de mandar cartas...

Todos os membros comentaron aqueles xiros na trama que lles chamaron a atención e a lectura deu pé a falar dunha época histórica complicada a nivel mundial: a II Guerra Mundial.

Falamos de Hitler, dos nazis, dos xudeus, dos campos de concentración, da inxustiza... E aproveitamos a ocasión para intercambiar recomendacións doutras lecturas ambientadas nesta época.

Quedámos, como resumo final, cunha frase de Anxo sobre a historia: "Hitler, quedándose co coello, roboulle a Anna a infancia".


  


As propostas para as seguintes sesións do clube, co obxecto de profundizar nesta época da Historia que tanto nos chamou a atención, son dúas:

- Cineforum sobre El niño con el pijama de rayas, que se levará a cabo en dúas sesións de tarde (para facilitar a asistencia de todos os membros). Esta película está baseada no éxito literario de John Boyne.

- Reconstrución da II Guerra Mundial a partir dunha liña do tempo sobre un mapamundi. O reto consistirá en ordear os acontecementos máis destacados desta contenda e ir colorando sobre un mapa as distintas fases da guerra.