19 jun 2017

UNHA ACTIVIDADE MOI ESPECIAL

Hoxe pechamos outra etapa desta andaina que supón o Club de lecturaEsta última actividade é un premio para todos os membros, pois consideramos que hai que valorar as ganas, o tempo adicado, a participación voluntaria e o compañerismo que amosaron ao longo do curso.

Un dos momentos máis emotivos da actuaciçon, cantando todos xuntos.

Fomos todos xuntos a facer unha visita aos maiores do Centro de día D'Alba, que queda moi pretiño do cole e no que algúns nenos teñen familiares, para compartir momentos con eles arredor dos libros.

Primeiro puxemos en escena un contacontos moi emotivo, que trata sobre a relación entre un avó e a súa neta, e de como primeiro é el quen coida dela e co paso do tempo a situación é inversa a causa dunha enfermidade coma o Alzheimer (que toca de preto a moitas familias). O seu título é Un avó especial, de María Campos e Carlos Yus. Gustoulles moito, pois puxemos  moito cariño na preparación.

Despois, como vimos facendo estes últimos anos, compartimos lecturas de xeito individual con cada un deles. Eliximos aqueles contos que máis tocaron os nosos corazóns, para emocionarnos con eles. E, para rematar, convidáronnos a merendar alí con eles!

Aquí vos deixamos algunhas imaxes desta visita tan especial. Trátase dunha actividade difiícil de esquecer, aínda que pasen os anos, pola tenrura que se respira alí.