7 dic 2016

USHA DEIXOU A SÚA PEGADA EN NÓS!

Foi unha lectura que emocionou a todos e cada un dos membros. Ningún quedou indiferente!


Esta pequena nena levounos de viaxe á India e fíxonos pensar na liberdade, na amizade, no compromiso, na inxustiza...



A reunión que tivemos mesmo quedou curta, porque todos queríamos dar a nosa opinión sobre os temas dos que trata o libro de María Reimóndez.

Ademais, todos quedamos cunha intriga... que sucede co pai de Usha? Creo que teremos que ler a segunda parte para descubrilo. Xa a tedes á vosa disposición na biblioteca!

Aquí vos deixamos unha fotos da India que fixo a profe Irene para que vos fagades unha idea de como é aquel país tan afastado de nós.


Hawa Mahal o Palacio dos ventos en Jaipur.

As vacas son un animal sagrado na India.

Os deuses aos que adoran son moi coloridos e teñen moitos brazos.


As mulleres visten sari e son as encargadas de ir buscar auga.

O tráfico nas grandes cidades é moi caótico.

O Thali é unha comida moi títpica ali... é super picante!
Foron moitos os fragmentos destacados polos lectores, por iso queremos convidarlles a que os escriban aquí, para que outros rapaces poidan interesarse pola historia de Usha...

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS!


2 nov 2016

ALGO DE INFORMACIÓN PARA A NOSA LECTURA

Seguro que moitos de nós comezamos hoxe a lectura de Usha. Queremos darvos algunha información clave para comprender mellor o contido do libro.

Como xa sabedes, unha parte da historia sucede na India, país que ocupa unha gran parte de Asia. Se queredes obter máis información, premede na seguinte imaxe e na ligazón de debaixo:


Por outra banda, sería interesante que ter unha idea do que sucedeu nas costas galegas en novembro de 2002, pois é parte da nosa historia e da historia da nosa protagonista.
Ao premer nas seguintes imaxes atoparedes algo máis de información sobre o Prestige:



Feliz lectura, chicos!

ARRANCAMOS!

10, 9, 8, 7. 6, 5, 4, 3, 2, 1... 
Comeza unha nova aventura do Club de lectura!

A través dunha carta que nos chegou a casa, Librincios convocounos na Biblioteca do cole para a primeira reunión do Club... que nervios!

Todo estaba listo cando entramos: os libros, a merenda... e unha pequena sorpresa que vai endulzar as nosas lecturas ao longo do curso.

Xa temos o tríptico do Club (no que hai información sobre os libros que imos ler e as datas das reunións) e a primeira das lecturas: Usha, de María Reimóndez.

Verémonos de novo para falar do libro e compartir merenda o 7 de decembro!





Estade atentos porque publicaremos información que nos axudará na lectura deste título...

BENVIDOS AO CLUB, CHICOS!

28 abr 2016

UN PEQUENO RESUMO

Estes foron os cinco libros que limos este curso.


  

Mil cousas poden pasar. Libro I. JACOBO FERNÁNDEZ.

O carteiro de Bagdad. MARCOS S. CALVEIRO.

Bala Perdida. MANUEL RIVAS.

La Máquina Pensante. JAQUES FUTRELLE.

Matapitos.com. GLORIA SÁNCHEZ.



Aquí vos deixamos algúns momentos compartidos, sempre agradables e moitas veces inolvidables.

Gracias chicos por ser así como sodes: XENIAIS!








20 abr 2016

MATAPITOS.COM

O segundo grupo deste Club tivo moito que dicir deste conto.
Foi a nosa última reunión e todos tiñan ganas de falar de Matapitos.com, de Gloria Sánchez.

Compartimos risas lembrando algunhas pasaxes do libro (como aquela onde os nenos se perden no bosque e, como xa lles pasara a Hansel e Gretel, atoparon unha casa de chocolate para refuxiarse...), comentamos todos aqueles contos que nos viñeron á mente lendo a historia, aprendemos algo máis sobre os caligramas, opinamos sobre cada unha das personaxes...


E ao rematar, coma sempre, merendamos xuntos. Esta penúltima merenda serviunos para facer unha valoración sobre o Club deste curso. En xeral foi moi positiva. Gustaríanos destacar a avaliación dun neno, que dixo:

"Eu non leo moito pero o club de lectura gústame porque eu non sei elixir as lecturas e como as que me dan están sempre ben...".



Estamos seguros de que esta é unha actividade importante para fomentar o gusto pola lectura e, despois de tres anos levándoa a cabo, sabemos que eles gustan de compartir imspresións e opinións ao redor dos libros como quen gusta de ir ao cine acompañado.

Verémonos o curso que ven, chicos!

9 mar 2016

RINDO CON MATAPITOS

Coñecedes este títluto? Non? Pois estades perdóndevos unha das máis desternillantes historias cun colexio como escenario! 

Matapitos.com, de Gloria Sánchez, foi o libro dos Compartelecturas deste mes, e na sesión de hoxe deixaron ben claro que lles encantou!



Ten risas, aventura, amor, intriga... Como ben comentou Adrián, "é un libro moi completo porque ten un chisquiño de cada cousa".

Toda a sesión foi terroríficamente divertida. Mirade!