29 nov. 2017

NOVA ANDAINA LECTORA PARA OS COMPARTELECTURAS

Hoxe, tras moitos preparativos e moitas ganas, comezou unha nova aventura para os 16 membros que imos ter este ano no clube.

Hai xa uns días, recibiron unha carta coas instrucción para comezar esta nova andaina. Librincios propúxolles resolver tres retos numéricos para abrir unha maleta que contiña todo o que van precisar para converterse en expertos lectores.




Todos acudiron á cita puntuais e coa solución. Traballaron xuntos para abrir a maleta e... Que caras de ilusión ao ver cada un o seu Kit do experto lector!






O Kit contiña:

- Unha carpeta para transportar os libros e así protexelos.
- Un tríptico con toda a información deste clube: lecturas, datas de reunión, normas...
- Unha libreta para tomar nota de todo aquilo do que queremos falar nas xuntanzas.
- Un bolígrafo para escribir nela.
- Dous marcapáxinas bellñisimamente ilustrados.
- Un taquiño de marcadores para sinalar as páxinas que queremos destacar.
- O primeiro libro do clube.


Logo de tranquilizarnos un chisco, reunímosnos para aclarar dúbidas, organizar a seguinte xuntanza e as merendas, falar dos libros lidos durante o verán...





Xa vos iremos contando as nosas aventuras entre libros!

1 comentario:

  1. As carpetas estaban moi chulas e tiñan un mogollón de cousas chulas!!!!

    ResponderEliminar