17 dic 2014

UNHA REUNIÓN CHEA DE VALORES

Os membros do club de lectura reunímonos hoxe para comentar a lectura Nata y chocolate.

O libro encantou a todos e deu moito que falar... As situacións vividas polos personaxes fixeron reflexionar sobre o respecto, a amizade, a tolerancia, a empatía, a personalidade, a autoestima...

Todos e cada un de nós captamos a esencia deste título e choramos un pouquiño ao poñernos na pel de Sonia... que duro ten que ser!

Animamos a todos os nenos e nenas a que lean este libro e a que, coma nós, se emocionen con el.

Ademais, houbo unha pequena sorpresa para todos: nata e chocolate para merendar :)


1 comentario:

  1. Nata e Chocolate foi un dos libros máis bonitos que leín me, encantou!!!!!

    ResponderEliminar