9 mar 2016

RINDO CON MATAPITOS

Coñecedes este títluto? Non? Pois estades perdóndevos unha das máis desternillantes historias cun colexio como escenario! 

Matapitos.com, de Gloria Sánchez, foi o libro dos Compartelecturas deste mes, e na sesión de hoxe deixaron ben claro que lles encantou!



Ten risas, aventura, amor, intriga... Como ben comentou Adrián, "é un libro moi completo porque ten un chisquiño de cada cousa".

Toda a sesión foi terroríficamente divertida. Mirade!










18 dic 2015

AMIGOS LECTORES E INVISIBLES

Como cada ano ao chegar estas festas, os membros do Club de lectura compartimos ilusión realizando o amigo invisible entre nosotros.

As premisas son dúas: facer un mesmo o regalo (pois sempre é máis bonito agasallar con cariño que con cartos) e non dicir a quen regalamos.

A verdade que este día é moi especial. Mirade que agasallos tan bonitos!












16 dic 2015

NESTE CLUB... MIL COUSAS PODEN PASAR!

O segundo grupo do Club xa leu este título de Jacobo Fernández e, como ben comentaron durante a reunión, pasárono en grande cos personaxes desta historia tan divertida.

Gustaron especialmente o porco que vai á escola, o cemiterio cheo de vida e cor, as notas musicais que enfermaban á xente do pobo, o río viaxeiro... 

Non sabedes de que falamos? Pois tedes á vosa disposición o libro na Biblioteca... e tamén a segunda parte!

Encantadas coa primeira lectura

Moito que contar...

Xa queren ler a segunda parte!
A merenda correu a cargo dalgúns dos membros... mirade que boa pinta! Puxémonos as botas!



Agora xa teñen a seguinte lectura entre as máns e estamos seguras de que van gozar dela durante as vacacións de Nadal.

11 dic 2015

APRENDENDO DO CARTEIRO

Hoxe, a sesión do Club de Lectura foi moi especial.
Tiñamos a lectura O carteiro de Bagdad, de Marcos S. Calveiro, para comentar.
Falamos da guerra, da esperanza, da amizade, do medo, da familia... Aldulwahid, o protagonista do libro, escribiunos a cada un de nós unha carta para pedirnos que reflexionásemos sobre varios aspectos do libro, e así o fixemos.
Ademais, situamos nun mapa de Europa Bagdad; nun plano de Bagdad o barrio de Karrada; vimos fotos da guerra e das manifestacións contra ela...




Aquí vos deixamos algunhas fotos da xuntanza.
Gracias aos membros pola merenda (que estaba deliciosa) e por ser marabillosos.

17 nov 2015

LIBRETAS ESPECIAIS PARA LECTORES ESPECIAIS

Aquí están as libretas para os nosos membros. 
Son chulísimas!
Agora só falta que estean cheas de opinións sobre as lecturas deste curso.