O segundo grupo do Club xa leu este título de Jacobo Fernández e, como ben comentaron durante a reunión, pasárono en grande cos personaxes desta historia tan divertida.
Gustaron especialmente o porco que vai á escola, o cemiterio cheo de vida e cor, as notas musicais que enfermaban á xente do pobo, o río viaxeiro...
Non sabedes de que falamos? Pois tedes á vosa disposición o libro na Biblioteca... e tamén a segunda parte!
Encantadas coa primeira lectura |
Moito que contar... |
Xa queren ler a segunda parte! |
A merenda correu a cargo dalgúns dos membros... mirade que boa pinta! Puxémonos as botas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario