Mostrando entradas con la etiqueta Club de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Club de lectura. Mostrar todas las entradas

28 feb 2018


Hoxe reunímonos para falar da lectura que nos tivo entretidos este último mes: Cuando Hitler robó el conejo rosa, de Judith Kerr (Alfaguara).

Foi un libro que gustou moito, a pesar de que a situación que narra é dura. 

Ao longo da sesión compartimos as nosas opinións sobre o carácter e os sentimentos dos distintos personaxes; as etapas da viaxe da familia de Anna e os motivos que impulsaban o cambio de domicilio; os raros costumes amorosos en Zúrich; os momentos de tensión cando un personaxe enferma ou deixa de mandar cartas...

Todos os membros comentaron aqueles xiros na trama que lles chamaron a atención e a lectura deu pé a falar dunha época histórica complicada a nivel mundial: a II Guerra Mundial.

Falamos de Hitler, dos nazis, dos xudeus, dos campos de concentración, da inxustiza... E aproveitamos a ocasión para intercambiar recomendacións doutras lecturas ambientadas nesta época.

Quedámos, como resumo final, cunha frase de Anxo sobre a historia: "Hitler, quedándose co coello, roboulle a Anna a infancia".


  


As propostas para as seguintes sesións do clube, co obxecto de profundizar nesta época da Historia que tanto nos chamou a atención, son dúas:

- Cineforum sobre El niño con el pijama de rayas, que se levará a cabo en dúas sesións de tarde (para facilitar a asistencia de todos os membros). Esta película está baseada no éxito literario de John Boyne.

- Reconstrución da II Guerra Mundial a partir dunha liña do tempo sobre un mapamundi. O reto consistirá en ordear os acontecementos máis destacados desta contenda e ir colorando sobre un mapa as distintas fases da guerra.

24 ene 2018

UN NOVO LOGO PARA OS COMPARTELECTURAS

Despois da lectura de Os Megatoxos e o prendiz de Druída, propuxemos aos membros do noso selecto clube que deseñaran un logo para identigficarnos (do mesmo xeito de Lúa, Faísca, Ruxe e Ninfa tiñan o seu).

Houbo moitas e moi boas propostas, pero só unha podía ser a elixida e, por maioría, foi esta.

O logotipo gañador é un deseño de Laura Santos, de 6º

Co logo gañador fixemos chapas para todos. Dende aquí queremos agradecer a colaboración do CEIP Humberto Juanes, que nos emprestou a máquina para montalas.

Ademáis, cada membro fixo outra chapa personalizada, cun deseño orixinal elaborado por eles mesmos.

Pero que ben o pasamos nestes ratiños xuntos!


17 ene 2018

OS MEGATOXOS LEVARON BOA NOTA!

Aínda que, de primeiras, os comentarios polos corredores do cole non eran moi positivos no que respecta a esta lectura; despois da reflexión conxunta de hoxe Os Megaoxos e o aprendiz de Druída (Anxo Fariña), conveceron aos nosos membros e obtiveron un notable alto.


A sesión desta mañá deunos para falar do "non final" deste libro, que nos deixa coa intriga de saber se recuperan o toxo; para identificarnos con algún dos personaxes, polo seu carácter; para poñer en común o modo de vida dos Celtas (aquí en Galicia); para sospeitar dese tal M.P. e da profesora Larafuzas...

Algúns dos membros confesaron que a novela fantástica non é o tipo de lectura que máis lles gusta, pero que ao final o libro conseguiu engancharlles. Sempre hai que darlles unha oportunidade!

Logo da amena charla, repartimos o título que nos manterá entretidos durante o seguinte mes Cuando Hitler robó en conejo rosa, de Judith Kerr. A por el, lectores!

Moi contentos co novo título!

15 ene 2018

IMITANDO PINTURAS RUPESTRES

Neste clube de lectura encántanos facer actividades relacionadas cos títulos que lemos. Adiviñades o que estivemos a facer hoxe?


Como xa sabedes, hai pouco limos Una mano en la piedra, de Ana Alonso; un libro co que decubrimos a aventura que Clara e Laia viven durante o Paleolítico. 

O título da obra, elemento clave na historia, deunos a idea para propoñer aos nosos membros un obradoiro de pintura rupestre co que poñer o broche de ouro a esta lectura.



Hoxe reunímonos na biblioteca do cole para levalo a cabo. Un pouco de café molido, un chisco de pimentón, carbón vexetal, papel envellecido (no forno), auga, cola branca, témpera vermella e... moitas ganas de meternos na pel dos antigos poboadores das cavernas!



Deixamos voar a nosa imaxinación e pintamos escenas típicas das covas paleolíticas e neolíticas: bisontes, cervos, cazadores, danzas e, como non podía ser douro xeito, mans.

Aquí vos deixamos un vídeo coas fotos. 

Pasámolo en grande!

20 dic 2017

COMENTANDO A PRIMEIRA LECTURA

Hoxe reunímonos na biblioteca para comentar a primeira das nosas lecturas: Una mano en la piedra.

Falamos da época na que transcurre a aventura que viven Clara e Laia, a Prehistoria; pero tamén falamos das cualidades dos distintos personaxes, da relacións entre eles e das partes que máis e que menos nos gustaron.

Compartimos merenda charlando sobre os distintos xiros que da a historia e comentando o final do libro. Non queremos desvelarvos moito por se decidides lelo tamén vosotros, pero é que nos parece que falta algo...

Algúns membros estrearon a súa libreta, na que tomaron os datos do libro e escribiron as súas opinións... Mirade que gusto da lelos! 





Que gusto da compartir momentos con vós!

29 nov 2017

UNA MANO EN LA PIEDRA

A nosa primeira lectura leva por título Una mano en la piedra. A autora é Ana Alonso, que ten publicados varios libros relacionados con distintos contidos traballados nas aulas na colección Pizca de sal, de Anaya.

Esta lectura vai levarnos, da man de Clara e Leia, ata o tempo dos Cromañón. Con elas imos aprender moito, pero tamén van emocionarnos.

Pinchando na foto da portada atoparedes algúns datos para facer a lectura máis interesante!

NOVA ANDAINA LECTORA PARA OS COMPARTELECTURAS

Hoxe, tras moitos preparativos e moitas ganas, comezou unha nova aventura para os 16 membros que imos ter este ano no clube.

Hai xa uns días, recibiron unha carta coas instrucción para comezar esta nova andaina. Librincios propúxolles resolver tres retos numéricos para abrir unha maleta que contiña todo o que van precisar para converterse en expertos lectores.




Todos acudiron á cita puntuais e coa solución. Traballaron xuntos para abrir a maleta e... Que caras de ilusión ao ver cada un o seu Kit do experto lector!






O Kit contiña:

- Unha carpeta para transportar os libros e así protexelos.
- Un tríptico con toda a información deste clube: lecturas, datas de reunión, normas...
- Unha libreta para tomar nota de todo aquilo do que queremos falar nas xuntanzas.
- Un bolígrafo para escribir nela.
- Dous marcapáxinas bellñisimamente ilustrados.
- Un taquiño de marcadores para sinalar as páxinas que queremos destacar.
- O primeiro libro do clube.


Logo de tranquilizarnos un chisco, reunímosnos para aclarar dúbidas, organizar a seguinte xuntanza e as merendas, falar dos libros lidos durante o verán...





Xa vos iremos contando as nosas aventuras entre libros!

19 jun 2017

UNHA ACTIVIDADE MOI ESPECIAL

Hoxe pechamos outra etapa desta andaina que supón o Club de lecturaEsta última actividade é un premio para todos os membros, pois consideramos que hai que valorar as ganas, o tempo adicado, a participación voluntaria e o compañerismo que amosaron ao longo do curso.

Un dos momentos máis emotivos da actuaciçon, cantando todos xuntos.

Fomos todos xuntos a facer unha visita aos maiores do Centro de día D'Alba, que queda moi pretiño do cole e no que algúns nenos teñen familiares, para compartir momentos con eles arredor dos libros.

Primeiro puxemos en escena un contacontos moi emotivo, que trata sobre a relación entre un avó e a súa neta, e de como primeiro é el quen coida dela e co paso do tempo a situación é inversa a causa dunha enfermidade coma o Alzheimer (que toca de preto a moitas familias). O seu título é Un avó especial, de María Campos e Carlos Yus. Gustoulles moito, pois puxemos  moito cariño na preparación.

Despois, como vimos facendo estes últimos anos, compartimos lecturas de xeito individual con cada un deles. Eliximos aqueles contos que máis tocaron os nosos corazóns, para emocionarnos con eles. E, para rematar, convidáronnos a merendar alí con eles!

Aquí vos deixamos algunhas imaxes desta visita tan especial. Trátase dunha actividade difiícil de esquecer, aínda que pasen os anos, pola tenrura que se respira alí.

4 abr 2017

REFLEXIÓNS DE TODO CORAZÓN

Esta sempre é unha das sesións máis especiais, porque abrimos o noso corazón para expresar ante todo o grupo do Club o que sentimos ao formar parte del.


 

Valoramos as lecturas e fixemos recomendacións de títulos para vindeiros cursos, pero sobre todo contamos o felices que nos fai compartir estes ratos; o ben que os sentimos cando falamos das aventuras dun personaxe cos demais lectores; o que nos gusta descubrir libros novos que quizais non elixiríamos por nós mesmos...



Compartimos unha última merenda este curso, pero aínda queda unha aventura máis que vivir xuntos: a visita ao Centro de Día!
Xa temos o conto seleccionado para a nosa actuación, pero é un segredo que gardaremos moi ben ata o día do estreno!


GRAZAS A TODOS E TODAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTA MARABILLOS AVENTURA DE LER!

15 mar 2017

CHARLIE E LA FÁBRICA DE CHOCOLATE ENDULZOU AS NOSAS LECTURAS


O terceiro libro desta andanza foi Charlie e a fábrica de chocolate, de Roald Dahl. Encantounos a todos, porque a historia (como ben dixeron os nosos queridos alumnos) é unha mistura de aventura, humor, emocións e intriga...

Para merendar, Ana e Laura trouxeron a casiña de Charlie feita de biscoito, caramelos, chuches... Estaba deliciosa!

Logo de comentar o libro, propuxémoslles aos membros do club a visualización da película, para poder facer unha comparativa entre a obra literaria e a súa adaptación á gran pantalla.

Non hai dúdiba: gustounos máis a idea orixinal de Roald Dahl (ainda que recoñecemos que Tim Burton fixo un gran traballo coa adapatción).

Libro, película e palomiñas... pódese pedir algo máis?

Unha palomiñas de millo para endulzar a tarde de cine.

Gozando da pelñicula todos xuntos!


18 ene 2017

VISITA DE ALICIA BORRÁS AO NOSO CLUB

Hoxe foi un día moi especial para todos os membros do club de lectura Os Compartelecturas, pois veu visitarnos Alicia Borrás Sanjurjo, autora do gran éxito Nata y Chocolate, que tivemos a sorte de ler durante as vacacións de Nadal dentro dos títulos deste curso para o Club.

Moitos de nós quedamos tan prendados dos protagonistas que quixemos coñecer o desenlace da historia e pedímoslles aos Reis Magos a súa continuación ¡Nata y Chocolate invencibles!

Alumnos de 5º e 6º do Club de lectura acompañados de Alicia

A semana pasada tivemos a sesión para comentar a obra, que gustou a todos (e cando dicimos a todos nos referimos tamén ás familias dos nosos alumnos, que gozaron coa historia de Sonia tanto coma os pequenos). 

Foi unha reunión cargada de emocións na que se tocaron temas profundos coma o repecto, a empatía, a tolerancia, a amizade, o acoso escolar, a autoestima... 

A actualidade do tema, a idade dos protagonistas e a facilidade de lectura fixeron a este título merecedor de un sobresaliente unánime!

Ao rematar a sesión... Foto!

Quedamos con ganas de coñecer máis sobre a historia, os personaxes e a autora deste libro que nos cautivó, así que pedímoslle que viñera a visitarnos e ela non o dubidou un segundo. 

Houbo nervios antes do encontros, pois estabamos todos desexosos de coñecela: é encatadora! Puidemos facerle tantas preguntas como quixemos (e tiñamos moitas); deunos datos intresantes sobre a publicación dos libros; contounos como é o proceso para escribir un libro; falounos doutros títulos que ten publicados; confesou o seu amor incondicional por todos os nenos; compartiu anécdotas con nós; firmou e adicou os nosos libros; merendou natas y chocolate quente; repartiu apretas e bicos... e deixou en nós unha pegada inesquecible!

GRACIAS ALICIA POR ESTE ECONTRO!

Primeiras e moi boas impresións!

Escoitala foi todo un pracer...

As ilustracións agochas curiosidades moi interesantes  :O

Queríamos preguntarlle tantas cousas...

Compartimos con ela Natas y chocolate quentiño  :)

Firmou e adicou todos os nosos libros... e algunha camiseta!

Encantáronlles os nosos detalles!

NATA Y CHOCOLATE... EMOCIONANTES!

Se temos que poñerlle dous calificativos a este libro elixiríamos EMOCIONANTE e SOBRESALIENTE.

Todos e cada un de nós sufrimos coa historia de Sonia, acosada polos seus compañeiros de clase. Comprendimos por que sinte esa especie de morcego na súa barriga tanta veces...

O tema do libro deu para moito. Falamos de acoso, respecto, autoestima, víctimas, cómplices, empatía, amizade...

Agora só queda agardar á súa visita a vindeira semana... Cantas cousiñas queremos preguntarlle!


7 dic 2016

USHA DEIXOU A SÚA PEGADA EN NÓS!

Foi unha lectura que emocionou a todos e cada un dos membros. Ningún quedou indiferente!


Esta pequena nena levounos de viaxe á India e fíxonos pensar na liberdade, na amizade, no compromiso, na inxustiza...



A reunión que tivemos mesmo quedou curta, porque todos queríamos dar a nosa opinión sobre os temas dos que trata o libro de María Reimóndez.

Ademais, todos quedamos cunha intriga... que sucede co pai de Usha? Creo que teremos que ler a segunda parte para descubrilo. Xa a tedes á vosa disposición na biblioteca!

Aquí vos deixamos unha fotos da India que fixo a profe Irene para que vos fagades unha idea de como é aquel país tan afastado de nós.


Hawa Mahal o Palacio dos ventos en Jaipur.

As vacas son un animal sagrado na India.

Os deuses aos que adoran son moi coloridos e teñen moitos brazos.


As mulleres visten sari e son as encargadas de ir buscar auga.

O tráfico nas grandes cidades é moi caótico.

O Thali é unha comida moi títpica ali... é super picante!
Foron moitos os fragmentos destacados polos lectores, por iso queremos convidarlles a que os escriban aquí, para que outros rapaces poidan interesarse pola historia de Usha...

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS!