Mostrando entradas con la etiqueta Cuando Hitler robó el conejo rosa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cuando Hitler robó el conejo rosa. Mostrar todas las entradas

13 mar 2018

RECOSNTRUÍNDO A II GUERRA MUNDIAL

Despois de ler Cuando Hitler robó el conejo rosa, de Judith Kerr, decidimos que era un bo momento para traballar arredor da II Guerra Mundial. 

Plantexamos unha actividade na que os membros do clube tiñan que organizar a liña do tempo cos principais acontecementos desta contenda para logo reconstruilos sobre un mapamundi.


Comezaron ordenando cronolóxicamente as tarxetiñas e, cando tiñan clara a secuencia dos acontecementos, pintaron de distntas cores países aliados e países do eixe e sinalaron con frechas como Alemaña foi invadindo aos seus veciños ata implicar a gran parte do mundo na guerra. 




Este foi o resultado final... Gracias pola vosa participación!


28 feb 2018


Hoxe reunímonos para falar da lectura que nos tivo entretidos este último mes: Cuando Hitler robó el conejo rosa, de Judith Kerr (Alfaguara).

Foi un libro que gustou moito, a pesar de que a situación que narra é dura. 

Ao longo da sesión compartimos as nosas opinións sobre o carácter e os sentimentos dos distintos personaxes; as etapas da viaxe da familia de Anna e os motivos que impulsaban o cambio de domicilio; os raros costumes amorosos en Zúrich; os momentos de tensión cando un personaxe enferma ou deixa de mandar cartas...

Todos os membros comentaron aqueles xiros na trama que lles chamaron a atención e a lectura deu pé a falar dunha época histórica complicada a nivel mundial: a II Guerra Mundial.

Falamos de Hitler, dos nazis, dos xudeus, dos campos de concentración, da inxustiza... E aproveitamos a ocasión para intercambiar recomendacións doutras lecturas ambientadas nesta época.

Quedámos, como resumo final, cunha frase de Anxo sobre a historia: "Hitler, quedándose co coello, roboulle a Anna a infancia".


  


As propostas para as seguintes sesións do clube, co obxecto de profundizar nesta época da Historia que tanto nos chamou a atención, son dúas:

- Cineforum sobre El niño con el pijama de rayas, que se levará a cabo en dúas sesións de tarde (para facilitar a asistencia de todos os membros). Esta película está baseada no éxito literario de John Boyne.

- Reconstrución da II Guerra Mundial a partir dunha liña do tempo sobre un mapamundi. O reto consistirá en ordear os acontecementos máis destacados desta contenda e ir colorando sobre un mapa as distintas fases da guerra.

22 ene 2018

ALGÚNS DATOS HISTÓRICOS PARA COMPRENDER MELLOR A LECTURA

A lectura que nos ocupa este mes está ambientada na época en que sucede a II Guerra Mundial.

Nela fálase de Hitler e de como foi invadindo países europeos durante este conflicto.

Aquí deixamos algunha información que pode servir de axuda para comprender mellor o que sucedeu en Europa entre os anos 1939 e 1945 e o que foi a persecución dos xudeus e o holocausto Nazi.

Premendo nesta imaxe podedes ver un vídeo que explica como e por que comezou a II Guerra Mundial.


Premendo nesta outra imaxe, atoaredes información sobre o que sucedeu durante este conflicto, tamén nun vídeo.


Xa iremos poñendo máis información, para que comprendades mellor esta bonita pero triste historia...

17 ene 2018

OS MEGATOXOS LEVARON BOA NOTA!

Aínda que, de primeiras, os comentarios polos corredores do cole non eran moi positivos no que respecta a esta lectura; despois da reflexión conxunta de hoxe Os Megaoxos e o aprendiz de Druída (Anxo Fariña), conveceron aos nosos membros e obtiveron un notable alto.


A sesión desta mañá deunos para falar do "non final" deste libro, que nos deixa coa intriga de saber se recuperan o toxo; para identificarnos con algún dos personaxes, polo seu carácter; para poñer en común o modo de vida dos Celtas (aquí en Galicia); para sospeitar dese tal M.P. e da profesora Larafuzas...

Algúns dos membros confesaron que a novela fantástica non é o tipo de lectura que máis lles gusta, pero que ao final o libro conseguiu engancharlles. Sempre hai que darlles unha oportunidade!

Logo da amena charla, repartimos o título que nos manterá entretidos durante o seguinte mes Cuando Hitler robó en conejo rosa, de Judith Kerr. A por el, lectores!

Moi contentos co novo título!