27 feb 2015

LECTURA E CINE FORUM LITERARIO

Este libro deunos para moito, pois ademáis da lectura compartida e comentada tivemos a porsibilidade de ver a súa adaptación cinematográfica.
Primeiro reunímonos para comentar a lectura: Hoyos.


Foi un libro que costou ler porque tiña moita páxinas (en palabras dalgúns nenos de 5º) pero que mereceu a pena. A historia  dos rapaces do Campamento Lago Verde cautivou aos nosos pequenos grandes lectores.
Intriga, emocións, medo, un chisco de noxo (polos lagartos de pintas), xustiza... A verdade é que fixeron unha moi boa crítica do libro. 


O venres seguinte, tocou película. Estaban desexando saber cómo eran as personaxes na gran pantalla, como estaban rodadas algunhas esceas, se contaban todo o saltaban algunha parte...

Para comezar a sesión do cine forum, as profes encargadas do club preparámos un pequeno detalle. Aqueles que leron o libro o van entender perfectamente, verdade chicos?



Gozamos moito coa pelicula, pero, en xeral, gustounos moito máis o libro, porque cando un imaxina como é o lugar, como son as personaxes e a intensidade coa que ocorren os feitos, todo é moito máis rico en detalles!

Gracias por compartir este libro, chicos!

21 ene 2015

TERCEIRA LECTURA: HOYOS

 
Xa estamos co terceiro título deste curso: Hoyos, de Louis Sachar.

Queremos que nos deixedes as vosas opinións :-)

Xa sabedes o que significan as letras K B? Tedes idea de por que teñen que facer tremendos buracos?

14 ene 2015

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB

Hoxe tivemos a segunda reunión deste curso. Comentamos o libro Vero y el fantasma de Canterville, de Carlos Puerto.

Os membros fixeron constar que foi unha das lecturas que menos gustou, pois agardaban que Vero vivise as aventuras realmente, e non a través dun videoxogo.

Non obstante, captaron o humor das personaxes e quedaron satisfeitos co xeito no que a nena resolveu o problema do fantasma.

Coma sempre, merendamos todos xuntos. esta vez, compartimos unhas deliciosas pantasmas de cacao e brindamos con sangue... terrorífico!

Pantasmas de pan de molde e cacao




17 dic 2014

AMIGOS INVISIBLES... E LECTORES!

Por petición popular, os membros do club de lectura fixemos un amigo invisible este Nadal.

Cada un de nós fixo (pois a condición era facelo e non mercalo) un agasallo para o su amigo invisible. Cantas sorpresas! Canto artista hai solto por este cole!

Tamén tivemos unha sorpresa para todos: uns marcadores co logotipo do noso club!

Chicos e chicas, sodes estupendos!

Ángela e Tania

Marta e Desi

Rubén, Carmen e Álex

María e Nara

Vicky e Claudia

UNHA REUNIÓN CHEA DE VALORES

Os membros do club de lectura reunímonos hoxe para comentar a lectura Nata y chocolate.

O libro encantou a todos e deu moito que falar... As situacións vividas polos personaxes fixeron reflexionar sobre o respecto, a amizade, a tolerancia, a empatía, a personalidade, a autoestima...

Todos e cada un de nós captamos a esencia deste título e choramos un pouquiño ao poñernos na pel de Sonia... que duro ten que ser!

Animamos a todos os nenos e nenas a que lean este libro e a que, coma nós, se emocionen con el.

Ademais, houbo unha pequena sorpresa para todos: nata e chocolate para merendar :)