Hoxe tivemos a segunda reunión deste curso. Comentamos o libro Vero y el fantasma de Canterville, de Carlos Puerto.
Os membros fixeron constar que foi unha das lecturas que menos gustou, pois agardaban que Vero vivise as aventuras realmente, e non a través dun videoxogo.
Non obstante, captaron o humor das personaxes e quedaron satisfeitos co xeito no que a nena resolveu o problema do fantasma.
Coma sempre, merendamos todos xuntos. esta vez, compartimos unhas deliciosas pantasmas de cacao e brindamos con sangue... terrorífico!
Pantasmas de pan de molde e cacao |
Perdoademe pero a min non me gustou moito:(
ResponderEliminar