14 ene 2015

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB

Hoxe tivemos a segunda reunión deste curso. Comentamos o libro Vero y el fantasma de Canterville, de Carlos Puerto.

Os membros fixeron constar que foi unha das lecturas que menos gustou, pois agardaban que Vero vivise as aventuras realmente, e non a través dun videoxogo.

Non obstante, captaron o humor das personaxes e quedaron satisfeitos co xeito no que a nena resolveu o problema do fantasma.

Coma sempre, merendamos todos xuntos. esta vez, compartimos unhas deliciosas pantasmas de cacao e brindamos con sangue... terrorífico!

Pantasmas de pan de molde e cacao




17 dic 2014

AMIGOS INVISIBLES... E LECTORES!

Por petición popular, os membros do club de lectura fixemos un amigo invisible este Nadal.

Cada un de nós fixo (pois a condición era facelo e non mercalo) un agasallo para o su amigo invisible. Cantas sorpresas! Canto artista hai solto por este cole!

Tamén tivemos unha sorpresa para todos: uns marcadores co logotipo do noso club!

Chicos e chicas, sodes estupendos!

Ángela e Tania

Marta e Desi

Rubén, Carmen e Álex

María e Nara

Vicky e Claudia

UNHA REUNIÓN CHEA DE VALORES

Os membros do club de lectura reunímonos hoxe para comentar a lectura Nata y chocolate.

O libro encantou a todos e deu moito que falar... As situacións vividas polos personaxes fixeron reflexionar sobre o respecto, a amizade, a tolerancia, a empatía, a personalidade, a autoestima...

Todos e cada un de nós captamos a esencia deste título e choramos un pouquiño ao poñernos na pel de Sonia... que duro ten que ser!

Animamos a todos os nenos e nenas a que lean este libro e a que, coma nós, se emocionen con el.

Ademais, houbo unha pequena sorpresa para todos: nata e chocolate para merendar :)


12 nov 2014

PRIMEIRA REUNIÓN, PRIMEIRO TÍTULO E PRIMEIRA MERENDA

Pois iso, que hoxe nos reunimos por primeira vez no Club de lectura OS COMPARTELECTURAS.
Este ano somos 15, contando coa profe Carmen e a profe Irene. 
Gustouvos o agasallo de benvida? esperamos que lle dedes uso ao longo das nosas lecturas compartidas :)

Deixámosvos aquí algo de información sobre o libro que temos entre manos... Premede na imaxe para vela!


Gracias pola vosa ilusión 

4 nov 2014

LISTOS PARA COMEZAR DE NOVO!

Xa temos todo listo para comezar o Club de lectura deste curso... había moitas ganas!
Seremos quince membros, entre alumnos de 5º e 6º.
O plan de lecturas para este curso é o seguinte:
 Queremos dar as gracias ao C.E.I.P. Bouza Brey, de Ponteareas (e especialmente á súa bibliotecaria Flor) polo empréstito de varios lotes de libros, sen os cales non sería posible esta andanza literaria.