O segundo grupo do Club xa leu este título de Jacobo Fernández e, como ben comentaron durante a reunión, pasárono en grande cos personaxes desta historia tan divertida.
Gustaron especialmente o porco que vai á escola, o cemiterio cheo de vida e cor, as notas musicais que enfermaban á xente do pobo, o río viaxeiro... 
Non sabedes de que falamos? Pois tedes á vosa disposición o libro na Biblioteca... e tamén a segunda parte!
|  | 
| Encantadas coa primeira lectura | 
|  | 
| Moito que contar... | 
|  | 
| Xa queren ler a segunda parte! | 
A merenda correu a cargo dalgúns dos membros... mirade que boa pinta! Puxémonos as botas!
Agora xa teñen a seguinte lectura entre as máns e estamos seguras de que van gozar dela durante as vacacións de Nadal.