21 oct 2015

OUTRO ANO MAÍS... LENDO XUNTOS!


Onte tivemos a reunión co primeiro grupo deste ano, porque... houbo tantas solicitudes para formar parte deste club que tivemos que facer dous grupos!

Xa entregamos o primeiro dos libros, titulado Mil cousas poden pasar, de Jacobo Fernández Serrano. este libro recibiu o premio Merlín no ano 2009 e estamos seguros de que vai encantar a todos!
Os membros recibírino cun forte aplauso, porque (como eles mesmos dixeron) só a portada xa te da ganas de lelo!


Despois, merendamos todos xuntos e compartimos tempo entre lecturas, neste caso, falando dos libros que encheron de aventuras as nosas vacacións. 


Agora toca gozar da lectura e agardar á vindeira reunión para poñela en común e... quen sabe? Mil cousas poden pasar...

28 may 2015

VISITA AO CENTRO DE DÍA

Estamos seguros de que o día de hoxe vai permanecer na memoria e no corazón de todos nós durante moito tempo.
Fomos de visita ao Centro de día para maiores D'Alba, en Valadares, para compartir lecturas co avós e as avoas que pasan alí a xornada.
Tiñamos preparada a sesión en dúas partes.

Primeiro, lémoslles individualmente contos seleccionados e preparados con moito agarimo por todos nós: Sacapenas, A noite das mudanzas, Imos cazar un oso, A cebra Camila...
As imaxes falan por sí soas, mirade!


Despois, para rematar ao grande, representamos Avós, de Chema Heras. Houbo música en directo, risas, xestos...
A verdade que temos uns verdadeiros artistas no cole!


Moitas gracias por participar con tanto gustos neas actividaes do Club! Aso que vos ides ao intituto para o ano... Imos botarvos moito de menos!

4 mar 2015

DERRADEIRA LECTURA DESTE CURSO

Esta é a nosa derradeira lectura: Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas.

Seguro que os membros do club gozan lendo esta marabilla e anímanse a facer algunha das receitas que Román explica con tanto detalle :)

Animádevos a lelo vós tamén?


27 feb 2015

LECTURA E CINE FORUM LITERARIO

Este libro deunos para moito, pois ademáis da lectura compartida e comentada tivemos a porsibilidade de ver a súa adaptación cinematográfica.
Primeiro reunímonos para comentar a lectura: Hoyos.


Foi un libro que costou ler porque tiña moita páxinas (en palabras dalgúns nenos de 5º) pero que mereceu a pena. A historia  dos rapaces do Campamento Lago Verde cautivou aos nosos pequenos grandes lectores.
Intriga, emocións, medo, un chisco de noxo (polos lagartos de pintas), xustiza... A verdade é que fixeron unha moi boa crítica do libro. 


O venres seguinte, tocou película. Estaban desexando saber cómo eran as personaxes na gran pantalla, como estaban rodadas algunhas esceas, se contaban todo o saltaban algunha parte...

Para comezar a sesión do cine forum, as profes encargadas do club preparámos un pequeno detalle. Aqueles que leron o libro o van entender perfectamente, verdade chicos?



Gozamos moito coa pelicula, pero, en xeral, gustounos moito máis o libro, porque cando un imaxina como é o lugar, como son as personaxes e a intensidade coa que ocorren os feitos, todo é moito máis rico en detalles!

Gracias por compartir este libro, chicos!

21 ene 2015

TERCEIRA LECTURA: HOYOS

 
Xa estamos co terceiro título deste curso: Hoyos, de Louis Sachar.

Queremos que nos deixedes as vosas opinións :-)

Xa sabedes o que significan as letras K B? Tedes idea de por que teñen que facer tremendos buracos?