Ola a todos e todas!
Somos os membros do Club de Lectura do C.E.I.P. Serra Vincios e este é o noso novo Blog.
Despois de ler Os Megatoxos e o aprendiz de druída, de Anxo Fariña, a profe Irene propuxo na reunión crear o noso propio logo, un que nos identificase como grupo (pois os Megatoxos teñen un).
Puxémonos rápidamente mans a obra e, de entre todas as propostas, votamos a que máis nos gustou.
O gañador foi este, deseñado por Mar Novoa, de 5º.
 |
Mar, a alumna que deseñou o logotipo gañador. |
Para rematar esta lectura, cada un fixo unha chapa co logo. Moitas gracias ao C.E.I.P. Humberto Juanes por emprestarnos a máquina para esta actividade.
Agora xa somos un verdadeiro Club!
 |
Membros do Club coas chapas que fixeron |