3 abr 2020

BO DÍA A TODAS E TODOS.
XA VEXO QUE NON VOS ANIMADES A MANDAR AS VOSAS POESÍA...
NON IMPORTA, EU SIGO A AGARDAR POR ELAS.

PASADE UNHAS BOAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA, AÍNDA QUE TEÑA QUE SER NA CASA, E VÉMONOS A VOLTA CON MÁIS GANAS!

NON VOS ESQUEZADES DE LER!

23 mar 2020

DÍA DA POESÍA

Bo día a todas e todos. Cun pouquiño de retraso, déuseme por celebrar o día da poesía (21 de marzo). E pensei que ao mellor vos gustaba enviarnos algo de poesía aquí ao club. Non ten porque ser de Recendos de aire sonoro, pero estaría ben.

Eu fago a primeira!


Veña, animádevos, que seguro que o facedes mellor!


16 mar 2020

RECENDOS DE AIRE SONORO

Comezamos o noso segundo libro:

RECENDOS DE AIRE SONORO, de GARCÍA TEIJEIRO


Un pouco de poesía no mes da poesía...

14 feb 2020

"MIL COUSAS PODEN PASAR"

Rematamos de ler o primeiro libro deste curso: "Mil cousas poden pasar" de Jacobo Fernández Serrano. A uns gustounos moito, a otros pareceunos lioso de máis...pero o que nos quedou claro foi que, realmente, mil cousas poden pasar...

Como broche final decidimos facer una orquestra para Nil...

5 dic 2019

Comezamos a aindaina deste curso

Aquí estamos de novo, os Compartelecturas do curso 2019-20


Un pouco tarde pero alá imos outra vez!



E esta é a nosa primeira proposta...


Moitas grazas ao  CEIP. Quintela de Moaña, que nos emprestou os libros!