7 dic. 2016

USHA DEIXOU A SÚA PEGADA EN NÓS!

Foi unha lectura que emocionou a todos e cada un dos membros. Ningún quedou indiferente!


Esta pequena nena levounos de viaxe á India e fíxonos pensar na liberdade, na amizade, no compromiso, na inxustiza...



A reunión que tivemos mesmo quedou curta, porque todos queríamos dar a nosa opinión sobre os temas dos que trata o libro de María Reimóndez.

Ademais, todos quedamos cunha intriga... que sucede co pai de Usha? Creo que teremos que ler a segunda parte para descubrilo. Xa a tedes á vosa disposición na biblioteca!

Aquí vos deixamos unha fotos da India que fixo a profe Irene para que vos fagades unha idea de como é aquel país tan afastado de nós.


Hawa Mahal o Palacio dos ventos en Jaipur.

As vacas son un animal sagrado na India.

Os deuses aos que adoran son moi coloridos e teñen moitos brazos.


As mulleres visten sari e son as encargadas de ir buscar auga.

O tráfico nas grandes cidades é moi caótico.

O Thali é unha comida moi títpica ali... é super picante!
Foron moitos os fragmentos destacados polos lectores, por iso queremos convidarlles a que os escriban aquí, para que outros rapaces poidan interesarse pola historia de Usha...

DEIXADE OS VOSOS COMENTARIOS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario